.

.

miércoles, 29 de junio de 2016

ATLETISMO EN PISTA - CAMPIONATO PROVINCIAL 2015-16

LIGAS DE FÚTBOL 2015-16


Durante o terceiro trimestre e no tempo de recreo, celebráronse as ligas de fútbol de 2º e 3º ciclo de primaria. Cunha participación moi elevada, a competición desenvolveuse baixo o sistema de "liguilla"a doble volta (cada equipo tiña que xogar dous partidos contra os demais).Todos os equipos debían ser mixtos, compostos por nenas e nenos, e todos/as debían xogar polo menos a metade do tempo que durase o partido.
No segundo ciclo participaron 6 equipos, 3 de terceiro curso e 3 de cuarto. Todos os partidos transcorreron con total normalidade e todos/as os xogadores/as mostraron o seu gran nivel de fútbol e unha gran deportividade. O equipo de 4º A,  LOS ESPAÑOLES, proclamouse campión, facéndose co subcampionato LOS CRACKS de 4ºB.
No terceiro ciclo participaron 4 equipos, 2 de quinto curso e 2 de sexto.Do mesmo xeito que nos partidos do segundo ciclo, todo transcorreu con total normalidade, mostrando todos/as un gran nivel futbolístico e unha gran deportividade.O equipo de LOS CHISPITAS de 6º A proclamouse campión, mentres que o equipo de LOS LEONES DE MONTEPINAR de 6º B acadou o subcampionato.
Dende aquí queremos felicitar a todos/as os/as xogadores/as que participaron polo ben que o fixeron, RECORDÁNDOLLES QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR E PRACTICAR DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

XORNADA DE ACHEGAMENTO AO TENIS DE MESA



Durante a mañá do 3 de xuño, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria puido achegarse ao magnífico e divertido deporte do tenis de mesa.Na súa hora de educación física, o alumnado destes cursos, recibiu unha clase práctica por parte dos monitores do clube de tenis de mesa AD Zas.Dende aquí queremos darlle as grazas polo ben que nos explicaron como se xoga a este deporte e tamén queremos animarvos a todos/as a que practiquedes o tenis de mesa.

ACTIVIDADE LÚDICA DE JUDO

Este ano tivemos a sorte de poder realizar no noso centro unha xornada de achegamento ao deporte do judo.Esta actividade foi impartida por monitores da federación galega de judo e da mesma puido disfrutar o alumnado de 5 anos infantil, 1º , 2º e 3º de primaria.Ao alumnado gustoulle moito a actividade e seguramente veremos moitos/as judocas en Vimianzo no futuro.








martes, 10 de mayo de 2016

POLO SAN MARTIÑO PEÓNS AO CAMIÑO - 2015

ATLETISMO EN PISTA - 2º XORNADA BENXAMÍN /ALEVÍN



O pasado sábado 23 de abril, celebrouse nas pistas de atletismo da Pobra do Caramiñal, a 2ª fase do campionato intecomarcal de atletismo en pista na categoría benxamín-alevín.O Ceip San Vicenzo estivo representado por 20 atletas que competiron de maneira extraordinaria dando mostras do seu gran nivel atlético o que os/as levou a acadar uns magníficos resultados, que foron os seguintes:

BENXAMÍN MASCULINO
-Xesús Pena Cundíns :  7º en lanzamento de pelota cunha mellor marca de 13.72 metros e 15º en salto de lonxitude cunha marca de 2.22.
-Borja Canosa Suárez: 3º na súa serie de 50m cun rexistro de 9.49 e 18º en lanzamento de pelota cunha marca de 9.71.

ALEVÍN MASCULINO
-Ousmane Sarr: 2º na súa serie de 60m cun tempo de 9.69 e 19º en lonxitude cun rexistro de 2.42.
-Brais Méndez Martínez : 4º na súa serie de 60m cun tempo de 10.56 e 20º en lonxitude cun salto de 2.29.
-David Pérez Miñones: 1º na súa serie de 60m cun tempo de 10.87 e 2º en lanzamento de peso cunha marca de 6.67.
-Sebastián Amado Canosa: 3º na súa serie de 60m cun tempo de 10.41 e 13ª en lanzamento de peso cunha marca de 15.16.
-Samuel Suárez García: 11º en 500m cun tempo de 1.57.05 e 3º na súa serie de 60m cun rexistro de 10.39.

BENXAMÍN FEMININO
-Arantxa Varela Gándara : 3ª na súa serie de 50m cun tempo de 9.80  e 11ª en lanzamento de pelota cun rexistro de 6.85.
-Sara Agra Romero: 2ª na súa serie de 50m cun tempo de 9.80 e 3º en lanzamento de pelota cun rexistro de 9.55.
-Aldara Túñez Andrade: 4ª na súa serie de 50m cun tempo de 9.90 e 10ª en lanzamento de pelota cunha marca de 6.86

ALEVÍN FEMININO
-Paula Andújar Paz: 1ª en lanzamento de peso cun rexistro de 6.87 metros e 3ª na súa serie de 60m cun tempo de 11.05.
-Lucía Roget Blanco: 5ª en 500 metros cun rexistro de 1.47.4.
-María Mas Baña: 4º en lanzamento de peso cun rexistro de 5.62 e 2ª na súa serie de 60m cun rexistro de 10.86.
-Nerea Blanco Rial: 6ª en 500 metros cun rexistro de 2.06.63.
-Ángela Rey Figueira : 5ª en 500 metros cun rexistro de 2.02.2.
-Paula Torres Pedreira: 3ª na súa serie de 60m cun rexistro de 11.43 e 10ª en lanzamento de peso cunha marca de 4.63.
-Carmen López Pose: 3ª na súa serie de 60m cun tempo de 11.00 e 8º en 1000m cun tempo de 4.31.6.
-Diana Trillo Santos: 7ª en 500m cun rexistro de 2.10.06 e 5ª na súa serie de 60m cun tempo de 11.40.
-Natalia Torres Trillo: 6ª en 500m cun rexistro de 1.56.8.
-Paula Pérez Espasandín: : 1ª en 2000 marcha cun tempo de 13-47.86.
O equipo de 4x60 alevin feminino, composto por Lucía, Ángela, Natalia e Nerea, acadou o 2º posto cun tempo de 37.9.

 Dende aquí queremos felicitar aos nosos/as atletas polos fantásticos resultados acadados e recordando que aínda que gañar está moi ben, O MÁIS IMPORTANTE É PARTICIPAR, DESFRUTAR E APRENDER FACENDO DEPORTE XUNTO AOS/ÁS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.

LIGAS DE BALONCESTO 2015-16



Ao longo do segundo trimestre e durante o tempo de recreo, celebráronse as competicións de baloncesto de 3º curso, 4º curso, e 3º ciclo.
A competición de 3º curso organizouse en formato de liguilla baixo o sistema de lanzamentos a 21 puntos, é dicir, o primeiro equipo que chegase a eses número de puntos gañaba. Participaron 7 equipos que estaban compostos por 3-4 xogadores/as.Todos/as os/as participantes mostraron que teñen unha boa boneca para lanzar a canastra. Ao final da competición todos/as rebiron o seu diploma de participación.
A competición de 4º curso celebrouse en formato liguilla baixo o sistema de partido "normal", no cal se enfrontan dous equipos gañando o que acade máis puntos ao remate do tempo reglamentario. Participaron 4 equipos, proclamándose campión o equipo de LOS DIOSES DEL BALONCESTO de 4º A.Os partidos foron moi desputados, mostrando todos/as os/as xogadores/as un gran nivel de xogo destacando ademais pola magnífica deportividade mostrada.Os/as gañadores/as recibiron o seu diploma que os acredita como campións.
En canto á competición de 3º ciclo, celebrouse no mesmo formato que a competición de 4º curso e na mesma participaron 4 equipos.Foi unha competición moi intensa e igualada na que os partidos estiveron moi desputados ata os minutos finais.MVP foi o equipo que se proclamou campión da competición, recibindo cada un dos/as seus/súas compoñentes un diploma que os acredita como tal.
Dende aquí queremos darlle a noraboa a tódolos/as participantes polo ben que o fixeron, RECORDÁNDOLLES QUE AÍNDA QUE GAÑAR ESTÁ MOI BEN, O MÁIS IMPORTANTE  É PARTICIPAR, XOGAR E APRENDER  XUNTO AOS/AS NOSOS/AS COMPAÑEIROS/AS.