.

.

miércoles, 21 de mayo de 2014

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"

O pasado venres  11 de abril, en horario de tarde, celebrouse no cole a “X CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE SAVE THE CHILDREN”.Esta actividade celébrase cada ano en colaboración coa ONG “SAVE THE CHILDREN”.A carreira realízouse nun circuito situado no patio dianteiro do colexio, ao cal os/as neno/as  daban 1 ou 2 voltas , dependendo da idade (os/as nenos/as de infantil daban 1 e os/as nenos/as de primaria daban 2) a un ritmo moderado, posto que recordamos que non era unha carreira competitiva.A proba celebrouse por cursos para que houbese menos risco de caídas. Logo, cada neno/a colaboraba co diñeiro que cada familia considerase oportuno.O obxetivo desta carreira  é recaudar fondos para que a ONG antes nomeada,  poida axudar  a nenos/as que viven en países desfavorecidos e que non teñen recursos para cubrir as súas necesidades básicas . Cada ano, os fondos recaudados destínanse a axudar aos/ás nenos/as dun lugar determinado.Este ano a axuda irá destinada aos/ás nenos/as de Etiopía.
Etiopía é un país pobre.E a pobreza trae consigo enfermidades , fame e morte.Os/as nenos/as son os que máis o sofren.A pesar de tódolos avances, un de cada oito nenos en Etiopía morre antes de cumprir os 5 anos.Únicamente un 6% dos recén nacidos recibe coidados postnatais.Só unha de cada tres familiar ten acceso a un centro de saúde, que pode estar a 25 km de distancia.O 90% das nais dan a luz no seu fogar, sen atención sanitaria.A última sequía provocou que moitas familias tivesen que vender o seu gando para poder adquirir alimentos.A fame é a causa de que o 44% dos/as nenos/as sufra retraso no crecemento.É urxente tomar as medidas axeitadas para que os/as nenos/as poidan alcanzar os 5 anos de idade , a partir dos cales a supervivencia é máis segura.Para iso, Save the Children segue estas liñas de actuación :
  •  Proporcionar vacunas , suplementos de vitamina A, fomentar a lactancia materna, asegurar o acceso a servizos de saúde e distribuir suplementos alimenticios para loitar contra a desnutrición e a anemia.
  • Seguimento durante os primeiros 1.000 días de vida dun bebé (dende a concepción aos dous anos) para que perciba unha alimentación sen carencias nutricionais que lle deixe secuelas irreparables.
  •  Formar persoal sanitario, principalmente matronas e axentes de saúde.
  • Asegurar que cada neno e nena teñan acceso a unha educación de calidade que lles permita formarse.


A “CARREIRA KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE” ademais de servirnos para  axudar a outros/as nenos/as desfavorecidos, é unha actividade coa que concienciamos aos nenos/as do noso cole de que co seu esforzo (neste caso correr) poden axudar a outros/as nenos/as que por desgracia naceron en lugares nos cales as condicións de vida son moito máis difíciles que as nosas, traballando así valores que consideramos imprescindibles na educación dos/as nenos/as, como son a : solidariedade, empatía, colaboración, igualdade, respeto á diversidade...E un ano máis, temos que dicir, que os nosos/as alumnos/as demostraron que os seus corazóns están cheos de solidariedade, posto que correron, correron e seguiron correndo, sabendo que  con cada zancada que daban, con cada metro que percorrían, estaban axudando a nenos/as que vivían a moitos kilómetros de Vimianzo, onde a vida non é tan sinxela.Dende os/as nenos/as de infantil de 3 anos, ata os/as maiores de 6º de primaria.Todos deron unha lección de solidariedade.Grazas o seu esforzo, conseguiron recaudar 542 euros, cos que SAVE THE CHILDREN, poderá axudar a eses/as nenos/as de Etiopía que tanto o precisan. E despois do esforzo realizado, para recuperar forzas, houbo unha pequena sorpresa para cada neno/a, nada máis e nada menos que…un xeado!, que por certo, ben rico que estaba!.Darlle a noraboa á profe EVA que foi a auténtica organizadora da carreira.Tamén temos que agradecer aos/ás alumnos/as de 6º A de primaria, que colaboraron aguantando os soportes que suxeitaban a cinta a cal delimitaba o circuito, posto que o vento facía estragos.O vindeiro ano voltaremos a esforzarnos correndo moito para poder axudar a outros/as nenos/as.

MOITAS GRAZAS NENOS/AS DO CEIP SAN VICENZO POR SER TAN BOAS PERSOAS!.OS/AS NENOS/AS DE ETIOPÍA LEVARANVOS SEMPRE NOS SEUS CORAZÓNS.


CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" INFANTIL on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 1º E 2º on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE" PRIMARIA 3º E 4º on PhotoPeach




CARREIRA "KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE"  PRIMARIA 5º E 6º on PhotoPeach



1 comentario: