.

.

miércoles, 4 de junio de 2014

XOGANDO AO GOALBALL



         
Os/as alumnos/as de 3º e 6º curso poideron experimentar o que sinten as persoas invidentes ou con deficiencia visual facendo deporte, e máis concretamente xogando ao GOALBALL.E pensaredes, que é o goalball? Para que non o saiba, o goalball é o único deporte paralímpico creado específicamente para persoas invidentes ou con deficiencia visual.Participan dous equipos de tres xogadores.Durante o partido, de 20 minutos totais de duración, cada equipo sitúase nun lado da pista, xunto á portería de 9 metros de ancho. O obxectivo é, mediante o lanzamento coa man do balón, introducir este na portería do equipo rival.Calquera dos tres membros do equipo intentará que o balón non entre na portería.O xogo depende  principalmente do sentido auditivo para detectar a traxectoria da pelota, a cal leva no seu interior cascabeis que soan ao movemento do balón; polo que este deporte require unha gran capacidade de orientación espacial para poder interceptar o balón, situarse estratéxicamente no campo e realizar o lanzamento.Un dato a destacar é que tódolos xogadores levan antifaces opacos para igualar a falta de visibilidade dos participantes.A pista para goalball consistirá nun rectángulo de 18,00 metros de longo por 9,00 metros de ancho dividida en seis áreas.Tódalas liñas do campo estarán marcadas en relevo para que sexan recoñecibles ao tacto, co fin de que os/as xogadores/as poidan orientarse con facilidade. Para realizar esta enriquecedora experiencia, a cal foi organizada polo orientador do noso cole, Ricardo,e pola profe Eva, contamos coa colaboración de Paula (traballadora da ONCE) e Tito (traballador da ONCE, xogador e adestrador de goalball), o cal lles explicou perfectamente aos nenos/as todo o relacionado co goalball (regras, técnica de lanzamento, colocación, estratéxias…), para poder xogar correctamente.O obxectivo desta actividade é que os/as nenos/as coñezan, experimenten e valoren as limitacións que ten un discapacitado físico e sensorial, e que sexan conscientes de que existen persoas con discapacidade na nosa sociedade que teñen o mesmo dereito que calquera outra persoa a desenvolverse con pleno dereito na mesma.


XOGANDO AO GOALBALL on PhotoPeach


1 comentario:

  1. Que bos videos!!!!!
    Me encantou ese video que pubiliscates, David.
    : )
    Antia

    ResponderEliminar